Saímos en “Las Cuentas Claras”

Saímos en “Las Cuentas Claras”

03/21/2026
Facebook
Twitter
LinkedIn
video2

En Palmira tivemos a oportunidade de participar no programa Las Cuentas Claras, emitido en La Región a través da súa canle Telemiño.

Trátase dun espazo centrado na economía e no tecido empresarial ourensán, no que se dá voz a proxectos e iniciativas que están a construír o presente e o futuro da contorna .

Durante a reportaxe, compartimos a historia de Palmira, a nosa orixe familiar e a visión coa que traballamos para levar o licor café galego cara a unha proposta máis coidada e contemporánea.

Unha oportunidade para amosar quen somos, como facemos as cousas e que hai detrás da marca.

Deixámosvos o vídeo completo a continuación.