Licor Café Palmira

28.00 I.V.E. Incluido
Palmira é un licor café que nace dun legado familiar e dunha elaboración coidada. Combina café de alta calidade en infusión lenta, augardente natural e a dozura xusta para un sabor auténtico e equilibrado.

Esgotado

Palmira. Artesanía real, cantidades realistas.
Fabricamos poucas unidades para manter a calidade, por iso esta serie xa non está dispoñible. A seguinte está en camiño, en canto estea avisamos.
Deixa o teu mail para poder facelo

Elaborado: Berta Fontan Freijeiro

Zona: Ourense

Vol.-32% – 70cl

Elaboración

A receita que dá vida a Palmira hoxe en día é un legado familiar, transmitido de xeración en xeración, perfeccionado con dedicación e amor pola tradición. Palmira non é só un licor; é unha experiencia que conecta pasado, presente e futuro en cada grolo. Cada botella de Palmira elabórase coidadosamente con tres ingredientes esenciais que capturan a esencia de Galicia: café de alta calidade, en infusión lenta para extraer o seu aroma e corpo característicos; augardente de orixe natural, que proporciona o equilibrio perfecto; e azucre na proporción xusta para crear unha mestura harmoniosa e auténtica.

En Palmira, non só nos preocupamos polo contido, senón tamén polo impacto que temos no mundo. Por iso, cada botella e o seu tapón están feitos con materiais reciclados. As pequenas imperfeccións na embalaxe non son defectos, senón un testemuño do noso compromiso coa sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente.

Palmira presentase nesta botella feita integramente con vidro reciclado posconsumo que viviu mil vidas. Cada botella está elaborada con vidro que antes formaba parte doutras botellas, fiestras ou obxectos de vidro cotiáns, que volven ao forno para comezar unha nova vida. Non se empregan colorantes adicionais, o que garante unha aparencia natural e auténtica.
Esta botella acepta as imperfeccións como unha marca de autenticidade. Estes defectos naturais son o resultado do seu proceso de produción e fan que cada botella sexa única, reducindo os residuos ao eliminar a necesidade de moldes perfectos. Cada botella conta a súa propia historia, creando un produto verdadeiramente único.

En Palmira, cada detalle conta. O noso compromiso coa sostibilidade e co respecto polo medio é tan forte como o sabor do noso licor café. Por iso utilizamos un tapón caracterizado pola combinación de cortiza e carbón activado, que consegue unha redución nos procesos industriais e na pegada de carbono, así como unha mellora do rendemento organoléptico.
En termos de sustentabilidade, reduce os residuos e os refugallos de materias primas sen sacrificar a calidade porque se reducen os procesos industriais de lavado de cortiza e non se empregan lixivias químicas, e polo tanto a súa pegada de carbono é menor.