A partir de hoxe, Palmira abre unha nova xanela ao mundo. Despois de meses de traballo, deseño e coidado en cada detalle, estreámos a nosa tenda online, un pequeno espazo onde podes mercar o noso licor café artesanal dun xeito cómodo, seguro e directo desde a microdestilería.
A tenda non é só un lugar de compra. É unha extensión natural da marca: sinxela, honesta e feita con calma. Nela poderás atopar as edicións limitadas de Palmira, coñecer mellor o proceso, consultar dispoñibilidade e recibir a botella directamente na túa casa, presentada coa mesma dedicación coa que foi elaborada.
Cada pedido viaxa desde o Ribeiro ata ti mantendo intacto o espírito do proxecto: proximidade, coidado e unha historia que segue medrando. Grazas por acompañarnos nesta nova etapa.