PALMIRA

UN NOME QUE PERMANECE

Antes de ser un licor, Palmira foi un nome que resoaba na casa.
Un nome compartido por mulleres fortes, discretas e imprescindibles.
Mulleres que non buscaron protagonismo, pero que sostiveron a vida no
rural con mans firmes e paciencia infinita.

A tía avoa Palmira e a nai Palmira. Dúas historias distintas cun mesmo
espírito: o de quen mantén vivo o territorio sen esperar recoñecemento.

RAÍCES
E OFICIO

Na nosa familia, a terra e os oficios marcaron sempre o ritmo do día a día: tarefas agrícolas, colleitas, xornadas sen reloxo. Entre ese traballo constante, un visavó destilador percorría aldeas transformando o bagazo en augardente. Aquel ritual antigo —feito de saber compartido, comunidade e tradición— quedou gravado na memoria como unha semente. Unha semente que nunca deixou de agromar.

Da memoria
ao producto

Co paso do tempo, a formación e a investigación no ámbito agroalimentario permitíronnos entender que esa semente podía tomar forma propia. Tras probas, catas e aprendizaxe naceu Palmira: un licor café artesanal elaborado con respecto polas súas raíces e polo valor do rural. Cada botella é unha maneira de lembrar quen fomos e de celebrar o que seguimos sendo.

FEITO CON TEMPO
E CON VERDADE

Palmira elabórase integramente nunha microdestilería propia no corazón do Ribeiro. O proceso é paciente e coidado: destilación tradicional da augardente nun alambique de cobre, tostado manual do café no mesmo espazo —xusto antes da maceración— e un repouso de doce meses que permite que cada aroma atope o seu lugar.

Nada se acelera. Nada se forza. É o tempo quen remata a obra.

EDICIÓNS
LIMITADAS

A produción realízase en pequenos lotes para garantir un control absoluto en cada fase. O uso de vidro reciclado, corchos naturais con carbón activo e unha presentación sobria e elegante reflicten o carácter do proxecto: respecto polo produto, polo territorio e polo oficio.

As pequenas variacións naturais do proceso artesanal fan de cada serie unha edición única.